Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Así comeza o legado do agrhú

Así comeza o legado do agrhú

imaxe-son-ies-baio Alumnado da asignatura Imaxe e Son de 2º de Bacharelato que se imparte no IES de Baio Este sábado a festa a solidaridade mistúrase en Baio nunha macroFoliada organizada polo alumnado do IES Maximino Romero de Lema. Isabel Risco, as Pandereiras de Muíño, Rueiro da Cancela, Oîma, Voodoo,... son algunhas das pezas claves deste evento que terá lugar no auditorio da vila a partir das 20:00 horas. Na organización está involucrado todo o alumnado e unha boa parte do movemento asociativo da vila xunto co Concello de Zas. Os estudantes da asiganatura de Xestión Cultural encarganse do contacto cos grupos, coa empresa de son,... O "avituallamento" da foliada é cousa dos alumnos e alumnas de 4º da ESO. E como en todo evento, tampouco falta o departamento responsable da difusión, que corre da man das alumnas da asignatura Imaxe e Son de 2º de Bacharelato.  Elas son as responsables do legado agrhú; unha campaña que xa é viral e na que participaron artistas como Guadi Galego ou Isabel Risco. Falamos con María Castiñeira, Carmen Cernadas, Sara Deus, María Martelo, Miriam Romero, Noelia Santos, Noelia Varela e Iria Costa. https://www.instagram.com/p/BgUJNMMAnoA/?taken-by=guadigalego

 
   
  • QPC: Canto alumnos sodes na clase de Imaxe de Son de 2º de Bacharelato?

Somos oito rapazas bravas que gostamos da asignatura e tamén vimos unha continuidade coa experiencia educativa vivida o ano pasado en Artes Escénicas e Xestión Cultural, na que xa nos iniciamos no mundo do audiovisual e a través da cal participamos en proxectos como os Premios Fouciño cunha "fakenew" sobre o achédego dunha anticetera.

  • QPC: Un cartel de 1ª e agora o legado do agrhú! A vosa inxenuidade promete.... Gustaríavos adicarvos a algo relacionado coa xestión cultural e imaxe e son?

Nós non nos sentimos inxenuas, sabemos o traballo que implica a xestión cultural e o esforzo que conleva organizar toda a foliada. A maioría do traballo organizativo faino o alumnado de Xestión Cultural e nós axudamos coa promoción e difusión nas redes. Algunhas de nós queremos adicarnos a profesións relacionadas directamente coa xestión cultural e imaxe e son, e outras consideramos que nos servirá como formación para un futuro.

  • QPC: Cal é a parte que máis vos gusta da imaxe e son?

Poder gravar concertos de artistas coñecidas como foi o caso este ano no ciclo “Ao Son Delas”, editar os videos, o audio... Formar parte da Foliada Solidaria deste sábado. Poñer a andar o proxecto de radio bautizado como “ghaliñeiro” e gravar cuñas como as que fixemos para o 8M. Ou mesmo gravar ao alumnado de primaria cantando a canción  “Chea de Vida” de Guadi Galego e editalo. Tamén fixemos uns vídeos persoais para [email protected] e seguramente fagamos a sorpresa máis agardada dos Premios Fouciño, que non podemos adiantar ;)

  • QPC: Resúltavos fácil "liar" aos artistas para os eventos que organizades?

Normalmente as artistas que colaboran con nós están sempre dispostas a axudarnos. Facilitan moito o trato e nalgúns casos, posto que xantamos xuntas para confraternizar, queda unha moi boa relación de amizade.

  • QPC: Cales son as principais dificultades coas que vos atopades?

O tempo e a vergoña. O tempo, porque as clases - ainda que productivas - fanse escasas.  E a vergoña é o reto máis grande a vencer. A medida que avanzamos nos proxectos sentímonos máis reforzadas e realizadas.

  • QPC: Considerades que estades facendo un traballo productivo?

Moito... e a maiores estamos moi orgullosas de nós mesmas. Máis seguimos propoñéndonos novas metas. O traballo por proxectos implica que aprendemos sin ter que estudar sen presións. Apoiámonos no traballo colectivo e aprendemos máis que “chapando” un temario. Así como aprendemos a relacionarnos e aumentar a confianza no grupo respetando a diversidade.

  • QPC:  A rapazada da vosa idade coñece aos nosos artistas?

Por desgraza a gran maioría non, pero coas actividades que estamos a realizar axuda moito a que aprendan a valorar a calidade das artistas e dos artistas de Galiza.   [fbvideo link="https://www.facebook.com/isabel.risco/videos/pcb.10157161084701102/10157161083211102/?type=3&theater" width="500" height="400" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios