Luns. 16.12.2019
El tiempo

Badius Teatro, entre os 4 seleccionados para o Encontro de Betanzos

Badius Teatro, entre os 4 seleccionados para o Encontro de Betanzos
Badius Teatro-Frankenstein 2 Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017

É unha das citas máis importantes do circuito do teatro afeccionado do país. O xa internacional Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017 contará este ano con participación portuguesa, zamorana, compostelá, e costeira. Aí estarán os baieses Badius Teatro coa obra "Frankenstein”.

O grupo costeiro, con máis de 30 anos nos escenarios, foi escollido entre case 50 candidatos para participar no Encontro que organizan Concello de Betanzos e a Agrupación Mariñán.

O encontro desenvolverase os días 4, 11, 18 e 25 de febreiro, e a entrada é de balde na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns (planta baixa do Liceo) ás 20.00.

Romperá o xeo o día 4 a santiaguesa “Cervanterías de Medievándalos”. O 11 tocaralle o turno á zamorana Intercazia. O turno dos costeiros Badius será pois o 18 de febreiro, e pechará o ecnotrno a portuguesa Ajidanha (Idanha a Nova) coa obra “À deriva” o día 25.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios