Baio prepárase para a festa da Carballeira
20:10 12/06/18
Dende que o concello de Zas adquiriu os terreos da carballeira de Baio, en xuño do 2017, tamén se comprometiu a organizar a tradicional festa que se celebra o último domingo do mes de xuño. Nesta edición - e xa van 38 - a música, as merendas, os encontros interxeracionais e o bo ambiente volverán a ser os pratos fortes da Festa da Carballeira.
A festa comeza cunha sesión vermú que amenizarán os grupos de música tradicional da asociación cultural Adro e o dúo Noelia e Kiko. Xa pola tarde, volve a música cunha foliada aberta e na que actuarán novamente os grupos de Adro xunto cos Campantes da Baña. E xa a partir das 20:30 horas actuarán o dúo Noelia e Kilo e o dúo Charada.
E co fin de preservar a carballeira e o seu contorno e para que todos e todas os asistentes desfruten da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas nin equipos musicais. O concello conta coa colaboración da asociación cultural Adro e coa asociación cultural Festas de Baio.
Novas relacionadas
- Xuño 2017: Moitas música para a festa da Carballeira de Baio
- Maio 2017: O concello compra a carballeira de Baio por 43.000€ e asume a organización da festa do vindeiro 25 de xuño
- Maio 2017: Baio segue pendente dos terreos para a celebración da Festa da Carballeira
- Marzo 2017: A compra do terreo pon en xaque a festa da Carballeira de Baio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).