Venres. 19.04.2024
El tiempo

Baio tínguese de amarelo

Baio tínguese de amarelo
As Pelotas amarelas invaden Baio As Pelotas amarelas invaden Baio

Este xoves, 5 de maio terá lugar en Baio o arranque da segunda edición de “Baio ten a Pelota” e a cor amarela xa invade toda a vila. O pregón inaugural celebrarase diante da sucursal de Abanca desta vila de Zas, da man do alcalde, Lolo Muíño, e a pequena masterchef Ana Oca.

A campaña, que durará ata o 8 de maio, está promovida pola Asociación de Empresarios de Soneira e pretende dinamizar o comercio da zona. A programación de actividades encherá o venres, sábado e domingo. Dende a hostalería que ofrece pincho e bebida a prezo especial, salóns de peiteado, ximnasios, concesionarios de coches, tendas do sector da moda… e así ata 10 categorías de establecementos, están preparados para acoller a edición de “Baio ten a pelota” con moitas sorpresas, descontos e ofertas.

Como novidades este ano, a pelota tamén terá unha parte solidaria, da man da Asociación Íntegro, que porá en marcha un amplo programa de actividades a favor da inclusión social baixo o lema “Nos tamén temos a pelota”, un exemplo disto é a primeira Ruta do Pincho Inclusivo, na que todos os establecementos de hostalaría da zona contarán cunha rampla para facilitar o aceso ás persoas con mobilidade reducida. Por último este ano, para facilitar a mobilidade entre os establecementos participantes, haberá un tren gratuíto para todos os que o queiran empregar.

Fonte

Comentarios