Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#25N: A Plataforma “Feminismo en pé” convoca unha concentración en Ponteceso

Convocatoria 25N Ponteceso
#25N: A Plataforma “Feminismo en pé” convoca unha concentración en Ponteceso

Queda pouco xa para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e recén creada este verán Plataforma Feminista “Feminismo en Pé” convoca a primeira cita. Será o propio venres 25 de Novembro, ás 20:00h na Praza do Recheo de Ponteceso, cando teña lugar en Ponteceso unha Concentración.

”En contra do que nos gustaría observar, cada vez vemos con maior preocupación como esta lacra social non só segue presente se non que medra e atopa perigosas alianzas nos discursos que negan a súa existencia ou, o que é peor, que a xustifican poñendo o foco e responsabilizando ás vítimas”, explica a voceira Malaika Cousillas, debullando a batería de razóns que as empurra a saír á rúa.

”Vemos de igual xeito como, cada vez máis, entre a mocidade medran e se asentan patróns de comportamento machista que xustifican o control, os ciumes ou que infravaloran a capacidade das mulleres novas, dandose un incremento da violencia verbal e psicolóxica que en moitas ocasións mesmo pasa desapercibida polas rapazas e mesmo polo seu enterno máis próximo”.
”Todo isto no concernente á cúspide do iceberg da violencia, nas capas menos visibeis asistimos, despois da pandemia da COVID, a un grande aumento da fenda de xénero na tasa de ocupación entre homes e mulleres o que supón un incremento da violencia económica estructural contra as mulleres”.

Por iso animan a todas as organizacións e colectivos sociais da contorna a sumarse á concentración.

As que queiran sumarse ao colectivo, convoca unha xuntanza este 17 de novembro no Local Social de Pazos.

Outras novas sobre o 25N

Comentarios