Capturadas máis de 1.500 raíñas na campaña de trampeo da vespa velutina de Zas
08:16 20/06/18
Nos últimos quince días, as trampas instaladas en distintos puntos do municipio capturaron case 200 raíñas
Despois de tres meses e medio chega ao seu fin a campaña de trampeo da vespa velutina posta en marcha polo concello de Zas asumindo así o control dunha praga que, segundo indica do alcalde - Manuel Muíño - "é responsabilidade da Xunta de Galicia". E os datos da campaña son, cando menos alarmantes. Así, as trampas capturaron neste período máis de 1.500 raíñas freando así a formación doutros tantos niños e evitando o nacemento de 30 millóns de obreiras, xa que cada niño está composto por unhas 20.000 obreiras.
As trampas revisáronse e renováronse cada 15 días a través dos membros de Serpa; unha empresa especialista na extinción desta praga. Precisamente o pasado venres, retiraron as trampas da primeira quincena de xuño a través das cales se capturaron un total de 670 vespas velutinas (194 raíñas, 411 obreiras e 65 obreiras pequenas).
Segundo indican os expertos na materia, será a partir da entrada do verán cando a especie comece a elaborar niños de gran tamaño polo que o Concello de Zas recórdalle á veciñanza a importancia de dar aviso ao Servizo de Emerxencias chamando ao número 012, que serán os encargados das actuacións necesarias para proceder á súa eliminación. Por outra parte, o
concello de Zas agradece a colaboración da veciñanza na colocación de trampas.
Novas relacionadas
- Xuño 18: As trampas eliminan miles de velutina en Carballo e en Zas
- Maio 18: Camariñas acaba con 1876 velutinas
- Maio 18: As numerosas capturas de velutina en Carballo e Malpica ratifican o seu preocupante avance.
- Abril 18: Malpica e Mazaricos toman novas medidas contra a velutina.
- Marzo 18: Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina.
- Marzo 18: O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta.
- Marzo 18: Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina.
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Concello de Zas