Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carmen Conde presenta Mikrama no Festival Escena Muller de Zas

CARMEN_alta
Carmen Conde presenta Mikrama no Festival Escena Muller de Zas

Esta noite de venres 8 de abril, continúa en marcha o singular Festival Escena Muller (FEM) artellado por aAntena nos Concellos de Vimianzo e Zas, co apoio da Deputación. Desta volta chega, ás 20:30 ao Auditorio Municipal de Zas, “Mikrama” é espectáculo de narración oral anoado por Carmen Conde de Tarabela Creativa.

Mikrama é o espectáculo de narración oral no que Carmen Conde une distintos tipos de nós mentres conta hisorias entrelazadas. Ata crear unha peza final. Onde sobrevivimos polo arte ancestral de anoar.

Sinopse

Na orixe de todo, foi o nó. Tan pronto como existimos as persoas, de xeito instintivo e natural, comezamos a anoar para atopar solucións. No Mesolítico, atamos as pedras a paus para defendernos e para cazar. Despois, milenios antes de Cristo, anoamos uns nós a outros para crear redes e pescar. Por atar foi tamén que puidemos arar a terra. Así que basicamente por anoar foi que sobrevivimos. Despois aprendemos a poñer nós tan xuntiños que puidemos cubrir a pel e abrigarnos do frío, moito antes da existencia do tear. E entón si, tendo xa todo o preciso, comezamos a facer nós para decorar. Iso debémosllelo a árabes e a persas, que anoaban os fíos soltos dos manteis e as toallas dun xeito ben bonito. Así, aos poucos foi nacendo o que hoxe coñecemos como macramé, o arte de anoar, que en Persia chamaban MIKRAMA.
As historias todas teñen o seu clímax no nó. Hai tantos tipos de nós como historias e cada persoa temos alómenos unha que contar. Unha que procure non deixar cabos soltos.

 

Comentarios