Venres. 26.04.2024
El tiempo

FEM, o Festival Escena Mulller que se celebra xa nos coles de Vimianzo e Zas

Rosa e Azul de aAntena
Fernández e Pérez estrearon onte o espectáculo "Rosa e Azul" no CEIP Labarta Pose de Baio
FEM, o Festival Escena Mulller que se celebra xa nos coles de Vimianzo e Zas

A compañóa aAntena vén de artellar, coa axuda da Deputación, unha nova proposta que mestura cultura e igualdade que se vai desenvolver nos Concellos de Vimianzo e Zas durante os vindeiros meses. O Festival Escena Muller (FEM) nace” co obxectivo da visibilización da muller creadora, a exposición e reflexión da muller na sociedade, o seu empoderamento nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas e a procura de que sexan as mulleres creadoras galegas as que expliquen as súas experiencias que sexan as protagonistas”, como explicaba a deputada de Igualdade María Muíño.

Onte arrincaba o festival cunha función no CEIP Labarta Pose de Baio, co espectáculo de narración oral "Rosa e Azul”. Victoria Pérez realizou unha serie de contos teatralizados rachando estereotipos de xénero e o binarismo imposto e animando á rapazada a abrazar a diversidade.

Pero serán moitos máis os espectáculos que percorrerán os centros de ensino de ambos concellos. A seguinte parada será 1 de abril de novo en Baio, onde Diana Sieira representará "The Witch". Seguirá Carmen Conde, que levará a escena "Mikrama" en Zas, o 8 de abril; Judit Iglesias, quen abordará o tema da sexualidade no CPI de Zas, o 21 de abril; Noelia Darriba, co relatorio "O bo trato", o 27 de abril, no Auditorio de Vimianzo; Olga Osorio, quen falará da "Creación audiovisual en feminino", o 18 de maio, no IES de Baio; e Estíbaliz Veiga, que representará "Golpes" no Auditorio de Vimianzo, o 20 de maio.

Comentarios