Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Cento e unha razóns para ir á Carballeira de Zas

Cento e unha razóns para ir á Carballeira de Zas
festa-carballeira-zas-2018 Este festival de música folk celébrase na carballeira de Velar de Zas, unha zona rodeada de importantes puntos turísticos e paisaxísticos. Imaxe: Festa da Carballeira Son múltiples os motivos que convidan a asistir á 35ª edición da Festa da Carballeira de Zas que se celebra o 3 e o 4 de agosto: un festival máis folk ca nunca, un ambiente inmellorable,.... e a súa contorna xa que Zas está rodeado de vilas e aldeas cargadas de encanto. Algúns puntos de interese xa se atopan no propio municipio, tales como as Torres do Allo (considerado como o pazo máis antigo de Galicia) e no que pode asistir a visitas teatralizadas; a Arca da Piosa, un dolmen no que segundo o poeta Pondal situábase a tumba do guerreiro celta Brandomil, ou a ponte romana de Brandomil. Ademais, a escasos quilómetros atópanse algunhas das mellores prais da Costa da Morte e outro punto de interese turística como o de Fisterra ou Vilán. Ademais da beleza da súa paisaxe e do seu valor ecolóxico, o visitante poderá descubrir tamén o interese cultural con mostras de cultura megalítica como o dolmen de Dombate ou o castro de Borneiro, ver como se segue mantendo a tradición do encaixe de palillos en Camariñas, ou monumentos como o santuario da Virxe da Barca, en Muxía. Este verán e grazas á Festa da Carballeira, moitos asistentes ao festival poderán gozar, ademais do folk, dunha contorna única e dunha das rexións de Galicia con máis encanto e lendas. Entradas As entradas para o festival están xa dispoñibles na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, cun prezo de 12€. Tamén se poderán obter directamente en despacho de billetes, cun custo de 15€ o bono de dous días. Como nas pasadas edicións, os asistentes poderán contar cunha zona de acampada gratuíta, situada a poucos metros do recinto, dotado de baños e duchas.

Máis información

Novas relacionadas

“Galicia, Escocia e Xapón protagonizan unha Festa da Carballeira de Zas máis folk ca nunca” — Que pasa na costa

Fonte

Comentarios