Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Cheo total no auditorio de Baio no estreo de Frankestein, a nova obra de teatro de Badius

Cheo total no auditorio de Baio no estreo de Frankestein, a nova obra de teatro de Badius
Como non podía ser doutra forma, o sábabo pola noite os veciños de Baio asistiron de forma fiel e cada vez máis numerosa ó auditorio da vila con motivo do estreo de "Frankestein", a obra de teatro de Badius. O cheo foi absoluto, con todas as sillas do aforo completas e incluso con xente de pé polos pasillos do auditorio. Máis de 200 persoas encheron ata os topes o auditorio de Baio O doutor Frankenstein, intepretrado por Marco Álvarez, doulle vida á materia morta e creou un ser vivo empregando outras partes de seres humáns mortos sen medir as consecuencias dos seus actos. O resultado foi un monstruo, unha criatura con partes perfectas ou outras non tanto... Os actores, todos ben coñecidos polo público, interpretaron esta obra literaria publicada alá polo ano 1800 ainda que co adaptada ó século de XXI e co seu toque de humor recordando as costumes e coñecidos personaxes de Baio. Esta adaptación, da que se encargou Ricardo Vigueret, arrincou máis dun carcajada ó público asistente. Case dúas horas de espectáculo que se lle fixeron curtas ás máis de 200 persoas que demostraron o tirón que ten esta compañía de teatro aficcionado con 30 anos de experiencia e pola que pasaron centos de rapaces e rapazas de Baio. Oito baiseses compoñen o equipo artístico da obra de teatro O equipo artístico de "Frankenstein" está formado por:
  • Marco Álvarez; doutor Frederik Frankenstein
  • José de Bety, interpreta a Igor, o axundante do doutor
  • Pibe, fai dobre papel como Sr. Reuman e como xefe de policía
  • Juan Caamaño, que tamén dobra o seu papel intervindo como avogado -Gerard Falopio- e como cego
  • Gloria Regaldie, a noiva do doutor
  • Lourdes Vidal, que fai de axudante do doutro, Inga
  • Moncho Lema, a ama de chaves - Frau Brujer-
  • Raúl González, a criatura
Todos eles dirixidos por Alberte Villar e por Ricardo Vigueret. Estaba previsto que a obra se estrease no pasado mes de xaneiro, dentro da programación cultural do nadal da vila, pero non foi posible debido a que unha das actrices, Lourdes Vidal, estivo enferma. Co estreo do sábado, Badius inaugura unha nova tempada de actuacións. As entidades interesadas en contactar con eles poden facelo no 981719091-636561488) Esparemos volver a velos noutros lugares da Costa da Morte porque dende QPC desexámoslle unha !longa vida a Badius!.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios