Cinco razóns (ou máis) para visitar as Torres do Allo

08:13 22/08/17

Visitas guiadas
Todos os días, ás 13 e ás 17 horas, hai un servizo gratuito de visitas guiadas. Un percorrido que engloba o pazo, como peza que encaixa no puzzle da súa privilexiada contorna natural e etnográfica.Visitas guiadas teatralizadas
A compañía de teatro Os Quinquilláns ofrece todos os domingos (xullo e agosto) unha visita teatralizada na que lle devolven a vida aos últimos habitantes do pazo -Francisca Riobóo e Víctor López Seoane - para dar a coñecer seu o día a día.Xogo de Pistas
Outra das actividades estrela da programación de verán das Torres do Allo son “Os secretos ocultos nas Torres”; un xogo de pistas para os máis pequenos e para os curiosos. A través de distintas pistas sobre a historia do pazo, os participantes descubrirán os secretos que se agochan tras as paredes deste edificio.Concerto de música clásica
Este venres, ás 20:30 horas, o violinista Kamo Petrosian ofrecerá un novo concerto de música clásica no que fará un percorrido polas principais obras de autores como Mozart, Beethoven, Bach, entre outros. Este será o último dos concertos que ofrecerá o violinista dentro do programa de actividades de verán das Torres do Allo. Precisamente o pasado sábado, unhas cincuenta persoas asistiron ao concerto ofrecido por Petrosian.Concerto "Ao encontro de Martín Códax"

Concurso de fotografía
Por outra parte, o pasado domingo rematou o prazo para participar no I concurso de fotografía co Móbil “Enfoques do Allo”. Máis de 150 fotografías, enviadas por visitantes procedentes de distintos puntos da península, participan no concurso. O xurado escollerá 10 fotografías finalistas que se darán a coñecera través das redes sociais de Facebook e Instagram “Torres do Allo” o vindeiro 26 de agosto. Logo será o público quen bote polas tres mellores imaxes.Máis información
Novas relacionadas- A música e o cine volven ás Torres do Allo
- As Torres do Allo bate récord de visitas
- De ruta polos pazos de Zas
- Continúan as actividades nas Torres do Allo
- As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana
- Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
- As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas