luns. 17.03.2025
El tiempo

O Colexio de Xornalistas arrincou en Baio os seus obradoiros contra a desinformación

Obradoiro do Colexio de XOrnalistas no IES de Baio
O Colexio de Xornalistas arrincou en Baio os seus obradoiros contra a desinformación

O Colexio de Xornalistas escolleu o IES Maximino Romero de Lema de Baio para iniciar unha xira por centros da provincia levando un obradoiro de desinformación para alumnado do 4º da ESO. Faino grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís que lidera a deputada, Soledad Agra. 

Miguel Rodríguez Fernández é o encargado de desenvolver este programa de alfabetización mediática para loitar, dende a mocidade, contra a confusión que provoca a sobre información. Durante o taller o alumnado aprende a diferenciar entre o que é e o que non é un medio, gracias ás ferramentas contra a desinformación e as mentiras aportadas.

Miguel Rodríguez traballou cinco anos en La Opinión A Coruña e foi xornalista de datos na axencia de noticias Press Association no Reino Unido; desde 2019 é editor de Datos en ICIS, ademais de colaborar con medios elDiario.es, La Voz de Galicia, Naiz ou Tempos Novos.

O colexio desenvolverá un total de vinte obradoiros chegarán nos próximos meses a dez centros de ensino secundario da provincia da Coruña. O seguinte taller vai realizarse este venres 14, tamén no IES Maximino Romero de Lema de Baio, a partir das 10:45, impartido por Pedro Costa. 

Comentarios