venres. 06.06.2025
El tiempo

Volven os campamentos de verán de Zas ás Torres do Allo

Zas-campamentos-veran2025 2
Volven os campamentos de verán de Zas ás Torres do Allo

Xa está aquí o programa coas diferentes actividades de verán para a rapazada organizado polo Concello de Zas; unha proposta na que se mistura o ocio coa conciliación familiar.

Ao igual que todos os anos, os campamentos de verán desenvolveranse nas Torres do Allo con cinco quendas diferentes. Están dirixidos á rapazada de entre 3 e 12 anos e serán de 10:00 a 14.00 horas cun custo de 15€ por persoa. O Concello tamén ofrece a posibilidade de madrugadores, de 08:45 a 10:00 horas, cun custe de 10€ por persoa que se levará a cabo
sempre e cando haxa un mínimo de usuarios/as.

Haberá quendas do 23 de xuño ao 4 de xullo; do 7 ao 22 de xullo; do 23 de xullo ao 6 de agosto; do 8 ao 22 de agosto e última quenda do 25 de agosto ao 5 de setembro realizarase en colaboración coa Asociación Ambiental Senda Nova.

Na oferta de actividades para o verán tamén se inclúen estas outras opcións:

Campamento Multideportivo

Celebrase do 30 de xuño ó 11 de xullo en dúas quendas, unha no Polideportivo de Baio e outra no de Zas, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Neste campamento a rapazada participará en diferentes xincanas deportivas e torneos, e practicarán deportes como o atletismo, o tenis de mes, bádminton,… entre outros.

Ten un custo de 15€ por persoa e as inscricións poden realizarase ata o 25 de xuño. Está dirixido á rapazada de 8 a 14 anos.

Campamento Dixital

Entre o 21 de xullo e o 4 de agosto realizaremos un campamento dixital na que os participantes adquirirán coñecementos en diferentes competencias dixitais (uso de palabras clave, creación de conTdos, riscos e seguridade na Internet,…).
Esta é unha actividade gratuíta dirixia á rapaza de 9 a 14 anos e será de 10:00 a 13:00 horas.

Máis info e inscricións

A persoas interesadas en ampliar información sobre algunha das actividades ou anotarse poden facelo no Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio ou ben a través dos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056.

DeporCampus

Ao igual que nos últimos anos, o noso concello será de novo unha das sedes do DeporCampus. Esta edición celebrarase do 28 de xullo ao 1 de agosto no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio e as inscricións poden realizarse ata o 22 de xullo en
deporcampus.rcdeportivo.es/gl/zas-2025/inicio

 

 

Comentarios