Luns. 29.04.2024
El tiempo

A veciñanza e o Concello de Zas esíxenlle a Telefónica que complete o despregue da banda ancha en todo o municipio

presentacion-sinaturas-banda-ancha-muino
A veciñanza e o Concello de Zas esíxenlle a Telefónica que complete o despregue da banda ancha en todo o municipio

Despois da reunión mantida coa subdelegada do Goberno, e tras recibir a varios veciñ@s de Muíño, o Concello de Zas esixe a Telefónica que complete o despregue da banda ancha en todo o municipio.

“Acabousenos a paciencia polo que comezaremos a realizar mobilizacións para que Telefónica complete o antes posible o despregue da banda ancha en todo o municipio”. Estas foron as palabras pronunciadas polo Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, tras coñecer que a veciñanza está facendo unha colleita de sinaturas. que se presentarán agora ante a sede de Teléfonica na Coruña, por levar meses de retraso na instalación.

Retraso de Telefónica

Telefónica é a empresa que dispón das infraestruturas necesarias para completar o despregue da banda ancha que leva un retraso considerable tanto no concello como noutros limítrofes. Aínda que Rede Aberta se compromete a levar a conexión a comezos do próximo verán, para o equipo de Goberno do Concello de Zas este prazo non é asumible. Polo que dende o Cocnello de Zas esixiráselle a Telefónica que complete este servizo o antes posible.

“Despois de máis dun ano de reclamacións, a pasada semana Telefónica ampliou a banda no Parque Empresarial do Allo. Aínda así levaba máis de sete meses sen executar ningún traballo para dar este servizo a veciñanza”, sinala Muíño. Unha das próximas accións que se realizará son reunións coas persoas afectadas para ver cales son as mobilizacións que se realizarán para esixirlle á multinacional que complete o despregue en todo o municipio o antes posible. “Temos varios casos nos que unha casa non ten conexión a banda longa a pesar de pasarlle o cable por diante da porta”, indica o rexedor. Unha das zonas máis afectadas é a parroquia de Muíño onde precisamente a pasada semana se colocou unha pancarta na que se pode ler “Telefónica fibra xa”.

Comentarios