Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Contos e cantos encherán as Torres do Allo

Cartaz María da Pontragha copia
Contos e cantos encherán as Torres do Allo

O sábado 19 de agosto ás 20:00h nas Torres do Allo haberá unha actuación de María da Pontragha no que presentará “Un saco de contos“, contos e cancións de tradición oral para crianzas. Que beben da nosa herdanza cultural e cos que semento as leiriñas das
familias para que medren vizosas.
María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

Despois continuarán os Cantos de Taberna: Regueifa con Lupe Blanco e Suso de Xornes; A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular.
Ambas actuacións son de balde e para o público familiar e xeral e darase no exterior do pazo das Torres do Allo.

Comentarios