Sábado. 20.04.2024
El tiempo

CRÓNICA Moito máis ca unha noite de estrelas no Castelo

IMG_4192
Ricardo Vigueret, Pablo Mira e José García puxéronlle voz a unha das obras de Labarta Pose.
CRÓNICA Moito máis ca unha noite de estrelas no Castelo

A observación das Perseidas, con caminata incluída, é un clásico dos veráns que, nos últimos anos se puxo de moda tamén na Costa da Morte. A pasada noite fíxose por primeira vez en Baio deixando moi bo sabor de boca tanto a organizadores como a participantes.

Convocados pola asociación veciñal Tabeirón, máis de 300 veciños e veciñas de Baio e da contorna subiron os 335 metros que os levan ata o cumio do monte Castelo. Un monte cargado de lendas e cunhas impresionantes panorámicas que dende fai uns meses recobrou vida grazas o incansable traballo dos membros de Tabeirón e de voluntarios que adicaron moitas horas para limpar uns camiños intransitables dende había anos.

Cunha organización impecable, a expedición partiu das escolas Agra Regueiro pero non sen antes recordar ao escritor baiés por excelencia, Enrique Labarta Pose, da man da Comisión Pro Letras para Enrique Labarta Pose. Así que Ricardo Vigueret, Pablo Mira e José García puxéronlle voz  a unha das obras do escritor na que o monte Castelo ten un especial proganismo.

IMG_4195IMG_4198

Desde alí, houbo que camiñar uns dous quilómetros e medio para chegar ata o cumio do monte Castelo onde agardaban os músicos do grupo Millo Miúdo da Asociación Cultural Adro para poñerlle son a unha noite máxica como a de onte na que houbo tempo para recordar que alí houbo unha fortaleza defensiva derrocada polos veciños e veciñas tras acabar coa tiranía dos Moscoso e dos Condes de Altamira. Así que tampouco faltou un gran berro: “Luuuume”.

Pero o motivo de subir ata alí foi observar un dos fenómenos estelares máis populares do verán coas explicacións de Jorge Mira que, nesta ocasión, xogaba na casa baixo a atenta mirada de veciños, amigos e familia.

Ainda que o ceo estaba claro, a potente luz da lúa dificultou a observación na que fixeron falta prendas de abrigo e na que resultou case imposible ver estrellas fugaces a pesar de ser o día perfecto para contemplar a fermosa choiva de Perseidas. Ainda así, mereceu a pena. E tanto que o mereceu!

Comentarios