Sábado. 20.07.2019
El tiempo

"Dá igual que chova ou faga calor. A Festa da Pelota sempre é un éxito"

Ambiente sempre vivo no Baio ten a pelota
Ambiente sempre vivo no Baio ten a pelota
"Dá igual que chova ou faga calor. A Festa da Pelota sempre é un éxito"

”Antes, cando me preguntaban pola Festa da Pelota sempre dicía que non era unha festa, que era un evento comercial e gastronómico. Pero a verdade é que Baio se pon de festa cada vez que armamos o “Baio ten a pelota”, así que iso da Festa da Pelota é unha verdade”. Así explica Tatiana Rellán, da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, o ambiente festivo que se vive na vila baiesa cada vez que os comerciantes e os hostaleiros arman unha das súas campañas. “Ver o pueblo enteiro, con xente e coches de arriba de abaixo todo o día, cun ambientazo festivo espectacular, cheo de alegría, é unha pasada”, describe con orgullo.

Porque foi intensa, moi intensa a fin de semana na vila. Xa é o 5º ano que a entidade organiza esta campaña e parece que van ter que seguir programando pelotas porque seguen sendo un éxito. Ademais, a xente xa se vai acostumando, e se dende febreiro xa se preguntaba pola “pelota” nos comercios, en Baio dá igual o tempo que faga: “choiva, faga frío, ou esteamos a 30º hai xente igual”, explica Rellán.

Houbo moita xente do propio concello aproveitando das ofertas dos comercios e disfrutando das tapas e a música dos bares. Pero tamén moita xente de fóra, que viña de toda a provincia, ou mesmo algunha familia de Chantada, que colleu a autovía para ir a Corme e acabaron cambiando os percebes cormeláns polas tapas e ofertas de Baio, despois de repostar e ver os carteis na entrada da vila.

De feito, aseguran que se ben o sábado tardou algo a xente en comezar a encher as rúas, o domingo si que foi un continuo dende primeira hora da mañá. A sesión vermú no Trebol, foi moi concorrida ademais, por visitantes e compañeiros dos comercios que poden pechar ao mediodía para disfrutar algo da festa.

O Tren Turistico por Baio ten a pelota
Non só a rapazada disfrutou do Tren Turístico

Hostaleiros e comerciantes valoran, en xeral, moi positivamente estas xornadas. E non só polo éxito de xente, polo éxito de vendas nos comercios e de tapas e consumicións nos bares. Senón “porque Baio se pon en boca de moita xente durante estes días, e é unha publicidade a longo prazo moi importante para nós”, valora Rellán.” Eu creo que esta fin de semana, ademais do ben que funcionou, fai que esa memoria vaia quedando e ao longo destes 5 anos xa podemos dicir que é unha cita afianzada”.

A festa faise aínda máis vivida coa axuda dos Farrapos, que fan un divertidísmo pasabares, animando a xente a entrar e consumir, tocando fóra e dentro dos bares, facendo cantar a todo o mundo, descansando un anaco tomando unha e volta a empezar. Tamén o domingo estiveron os Os Trikitrakes de Laxe, animando moitísimo a cousa.

Os Farrapos por Baio ten a pelotaOs Trikitrakes por Laxe
Os Farrapos e os Trikitrakes fixeron bailar e consumir a todo Baio

”O que máis pena me dá é que teño que traballar, e non podo disfrutar de ir de compras. Iso si, a festa e ir detrás dos Farrapos non perdoo”, ri Rellán.

Directivas da Asociacion de Empresarios Comarca de Soneira disfrutando da sesion vermu do Baio ten a pelota
Directivas da Asociación disfrutando da sesión vermú no Trebol

De Amarelo a Azul

Sen tempo a descansar, a Asociación, como socia da Federación Galega de Comercio, comeza xa cos Días Azuis, esa campaña para fomentar o comercio galego que artella a Federación entre hoxe mesmo, luns 13 de maio e ata o 26.

Unha campaña pola que, con cada compra no comercio local, os clientes se poden rexistrarse nunha páxina para entrar en diferentes sorteos de vales de compra que revirten de novo no comercio pequeno.

unha campaña que vai polo terceiro ano, e que na zona funciona moi ben. De feito, estes pasados anos xa deron premios establecimentos de Baio, Vimianzo ou Ponteceso.

Novas relacioandas

Comentarios