luns. 05.05.2025
El tiempo

De Panxoliñas, obradoiros, historia e risas no Nadal de Zas

De Panxoliñas, obradoiros, historia e risas no Nadal de Zas
Boa repercusión a que tivo o Concurso de vídeos de panxoliñas, cantos de aninovo e cantos de Reis que artellou, a través das redes sociais o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas neste nadal. Foron 4 os vídeos que se presentaron, e xa houbo fallo do xurado: O Premio ao vídeo máis popular en Facebook foi para as PANDERETEIRAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ADRO DE BAIO co seu ”Canto de Nadal de Anxeriz-Tordoia", que sumou 279 "Gústame" na rede social Facebook do Concello de Zas "Concello de Zas Actualidade Municipal”. Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas. O Premio á mellor presentación e posta en escena foi para GRUPO DE PANDERETEIROS PETA-DORES co seu "Os Reis Petadores". Levan un vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas. O Premio ao vídeo que conte con máis fidelidade á tradición galega, para GRUPO DE BAILE CHURÍA polo seu "Permiso para cantar o Nadal". E levan tamén un vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas. E finalmente, "Da rosa, rosiña" do GRUPO CHAMBERÍN DA ASOCIACIÓN CULTURAL ADRO leva o Premio ao mellor vídeo infantil, por un vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas. A entrega de premios será este venres, 30 de decembro de 2016 ás 21:15h no Auditorio de Baio. Estes son os pequenos de Chamberí: [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellozas/videos/1383640688326446/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Máis actividades

obradoiro-en-zas Así de divertidos son os obradoiros de nadal en Zas Estes días, o Centro Sociocultural de Baio acolle diversos obradoiros onde os pequenos están armando actividades máis que felices. A vindeira semana, luns 2, martes 3 e mércores 4 de xaneiro, tocan talleres no Centro Sociocultural de Zas de 11h a 13h, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, previa inscrición. Ademas, o venres 30, ás 19:00h, a Escola Unitaria de Romelle acolle unha sesión do 4º Inverno Ancestral, que serve para recuperar as Historias de Inverno, neste caso de Loroño. Francisco Blanco, Ramón Ferreiro e Fina Oreiro, de Senda Nova, farán que os peques viaxen no tempo. Os maiores, sobre todo s que teñan ganas de rir, terán cita con Pepo Suevose o seu "Humor salvaxe”, tamén o venres 30 de decembr ás 21:30h no Auditorio de Baio, nunha entrada de balde ata completar aforo. pepo-suevos-en-zas

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios