Decepción entre os rexedores da bisbarra trala reunión ca Xunta sobre a ITV

09:28 15/04/11

Antes do verán
O delegado provincial, que lle preguntou á nutrida expedición de alcaldes (a verdade é que ollar a unión dos nosos representantes políticos é importante) centrouse en prometer que “a ITV de Zas será unha realidade e podería estar en funcionamento despois do verán”. Algo que xa se fai complicado de crer. O delegado insistiu en que "o terreo do Polígono Industrial, onde ten que instalarse a ITV, non ten rematadas as obras necesarias para que se poida instalar a ITV". Ademais, sinalou que esta mesma semana achegouse ata o Polígono Municipal, un técnico de Patrimonio para realizar os últimos traballos necesarios para completar o informe preceptivo. Nese sentido o alcalde zaense afirma que "as competencias sobre as obras son exclusivas do Concello" e que "só teñen que darlle unha autorización administrativa á empresa para comezar as obras", quéixase Muíño.Novas relacionadas
- A Costa da Morte unida prepárase para manifestarse pola ITV.
- A Costa reivindica a ITV para Zas con dípticos a pesar das intrumisións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).