Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Eiii!! A Festa da Carballeira nunca marchou!!

Eiii!! A Festa da Carballeira nunca marchou!!
Cartel Festa da Carballeira 2015

Eiiii, que volve a Carballeiraaaaaa!!! Vaia, realmente nunca marchou, pero as fadas estiveron a piques de marchar da Carballeira de Velar para sempre. Afortunadamente estas fadas da Asociación Castro Meda son teimudas, e non quixeron deixar unha festa tan especial e seguir cumplido anos.

Este 2015 a XXXII Festa da Carballeira caerá, coma sempre, o primeiro sábado de agosto, o 1 de agosto. E o fai con dúas previas espectaculares. Primeiro, o venres 31 de xullo haberá unha cita a partir das 22:00h cos gaiteiros de Fornelos, Seisporoito e Pandeiromus, unha cita para os máis folqueiros.

E atentos á outra gran novidade do ano, a Foliada da Carballeira a partir das 18:00h. Unha foliada que arrincarán as bravas de Castro Meda pero que está aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar (e se anoten en [email protected]) terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos e moita festa.

O Festival nocturno

E coma sempre, a partir das 22:30h, as fadas acodirán á chamada da boa música para escoitar como as gaitasOs Viqueiras de Ordes rompen o xeo e van quecendo motores.
Sés será a primeira gran baza. Esta artista bergantiñá, despois do seu paso polo Nordestazo Rock de Malpica deslumbrará coa súa potencia enriba do escenario.

Que dicir de Luar na Lubre, que volven á Carballeira varios anos despois, pero agora coa súa nova e impresionante voz, Paula Rey.

Non faltará o acento escocés, e seráns os Skipinnish.

Pechará ninguén menos que Anxo Lorenzo, cun verdadeiro remata á auténtica festa galega!

Camisolas da Festa da Carballeira de Zas 2015

Aí vos deixamos con Ses:

E estes, os escocedes:

E este Anxo Lorenzo Band:


Aquí vos deixamos cuns vídeos dos artistas:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios