Eiii!! A Festa da Carballeira nunca marchou!!


Eiiii, que volve a Carballeiraaaaaa!!! Vaia, realmente nunca marchou, pero as fadas estiveron a piques de marchar da Carballeira de Velar para sempre. Afortunadamente estas fadas da Asociación Castro Meda son teimudas, e non quixeron deixar unha festa tan especial e seguir cumplido anos.
Este 2015 a XXXII Festa da Carballeira caerá, coma sempre, o primeiro sábado de agosto, o 1 de agosto. E o fai con dúas previas espectaculares. Primeiro, o venres 31 de xullo haberá unha cita a partir das 22:00h cos gaiteiros de Fornelos, Seisporoito e Pandeiromus, unha cita para os máis folqueiros.
E atentos á outra gran novidade do ano, a Foliada da Carballeira a partir das 18:00h. Unha foliada que arrincarán as bravas de Castro Meda pero que está aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar (e se anoten en foliada@festadacarballeira.com) terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos e moita festa.
O Festival nocturno
E coma sempre, a partir das 22:30h, as fadas acodirán á chamada da boa música para escoitar como as gaitasOs Viqueiras de Ordes rompen o xeo e van quecendo motores.
Sés será a primeira gran baza. Esta artista bergantiñá, despois do seu paso polo Nordestazo Rock de Malpica deslumbrará coa súa potencia enriba do escenario.
Que dicir de Luar na Lubre, que volven á Carballeira varios anos despois, pero agora coa súa nova e impresionante voz, Paula Rey.
Non faltará o acento escocés, e seráns os Skipinnish.
Pechará ninguén menos que Anxo Lorenzo, cun verdadeiro remata á auténtica festa galega!

Aí vos deixamos con Ses:
E estes, os escocedes:
E este Anxo Lorenzo Band:
Aquí vos deixamos cuns vídeos dos artistas:
Máis información
- www.festadacarballeira.com.
- Facebook da Festa da Carballeira.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
- Carballeira 2010: A Carballeira, a xornada máis festexeira.
- Carballeira 2009: A Costa enteira vivíu a festa do folk.
- Carballeira 2008: Zas mundializa o folk.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).