mércores. 30.04.2025
El tiempo

Entregados os 35 novos diplomas SICTED 2025 a empresas e entidades turísticas da Costa da Morte

SICTED CMAT 2025_1
Entregados os 35 novos diplomas SICTED 2025 a empresas e entidades turísticas da Costa da Morte

A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega dos distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos) correspondentes ao Ciclo 1 do ano 2024, despois da primeira fornada recoñecida o ano pasado. O acto tivo lugar este mércores 9 de abril no Centro Sociocultural de Baio (Zas), e reuniu a representantes institucionais, empresarias e empresarios, e técnicas e técnicos do sector turístico. 

O proxecto SICTED, impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo, busca mellorar a experiencia turística a través da aplicación de estándares comúns de calidade en todo o destino.
Na Costa da Morte, esta iniciativa está coordinada a través da CMAT, os concellos participantes e a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), coa colaboración da Deputación da Coruña.

SICTEC CMAT 2025_2

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do Presidenta da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a importancia de dar continuidade a este proxecto para a Costa da Morte, e agradeceu a colaboración tanto da Xunta como da Deputación con este territorio, así como resltaron a importancia do traballo en rede de todas as administracións públicas xunto ás entidades privadas do sector turístico para fortalecer a competitividade e a sustentabilidade do destino.

Antes da entrega de diplomas, Emilio Cuiñas, director de Autoxiro e consultor SICTED, aproveito para recoñecer o esforzo dos empresarios e empresarias que superaron a formación a pasada anualidade, e para adiantar a planificación cronolóxica do SICTED Costa da Morte para 2025.
Por último, Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais e Empresarios do Turismo da Costa da Morte (APTCM), clausurou o acto cun discurso no que destacou o esforzo conxunto e a colaboración do sector privado como motor para impulsar e promocionar o valor turístico da Costa da Morte.

SICTED CMAT 2025_3

As 35 empresas

Durante o acto, recoñeceuse o labor de 35 empresas e entidades da Costa da Morte que apostan pola mellora continua da calidade nos seus servizos turísticos:

  • 1. CLUB DEL MAR (A Laracha)
  • 2. CENTRO ARQUEOLÓXICO DO DOLMEN DE DOMBATE (Cabana de Bergantiños)
  • 3. A CASA DA ESTRELLA (Cabana de Bergantiños)
  • 4. CABANAS DE CANDUAS (Cabana de Bergantiños)
  • 5. MUSEO DE MAN DE CAMELLE (Camariñas)
  • 6. MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS (Camariñas)
  • 7. A MARINA DE CAMARIÑAS (Camariñas)
  • 8. NÁUTICO DE RAZO (Carballo)
  • 9. RESTAURANTE MESON DO PULPO (Carballo)
  • 10. HOTEL MEIGA DO MAR & SPA (Carnota)
  • 11. NACHO PORTO (Carnota)
  • 12. CASANOSA (Cee)
  • 13. HOTEL OCA INSUA (Cee)
  • 14. RESTAURANTE INSUA (Cee)
  • 15. LIRESCA (Cee)
  • 16. STOUPA (Cee)
  • 17. BAR RESTAURANTE IL MOLINO (Coristanco)
  • 18. CASA VILAVERDE (Coristanco)
  • 19. HOTEL BOUTIQUE MAR DO ÉZARO (Dumbría)
  • 20. OFICINA DE TURISMO DE FISTERRA (Fisterra)
  • 21. HOTEL SEMPRE FISTERRA (Fisterra)
  • 22. HOTEL SPA PLAYA LANGOSTEIRA (Fisterra)
  • 23. RESTAURANTE O CENTOLO (Fisterra)
  • 24. HOTEL A TORRE DE LAXE (Laxe)
  • 25. ISLOW COLIVING (Laxe)
  • 26. CASA JURJO (Mazaricos)
  • 27. OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA (Muxía)
  • 28. ENCAIXES LUCITA (Muxía)
  • 29. CASA DE LEMA (Muxía)
  • 30. MACCMO (Ponteceso)
  • 31. MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA (Ponteceso)
  • 32. A CASA DA CANLE RESTAURANTE (Vimianzo)
  • 33. RESTAURANTE CASA SABINA (Vimianzo)
  • 34. TORRES DO ALLO (Zas)
  • 35. RESTAURANTE A LAREIRA (Zas)

Con esta entrega de diplomas, a Costa da Morte dá un paso máis na consolidación dun modelo turístico baseado na excelencia, na colaboración e no respecto polo territorio. Nas próximas semanas comunicarase o novo período de inscrición para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade ao SICTED, xunto con toda a información sobre os cursos dispoñibles e o procedemento.

Máis novas

Comentarios