Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Escola Infantil de Zas abre con 13 novas prazas gracias á reforma municipal

escola-infantil-zas
A Escola Infantil de Zas abre con 13 novas prazas gracias á reforma municipal
Reabre a Escola Infantil de Zas con máis prazas e servizos tras os traballos de reforma e ampliación nos que o Concello investiu máis de 100.000€ Os traballos permiten que o centro teña unha capacidade para 41 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, fronte ás 28 prazas que tiña ata o de agora

A tempo para o comezo de curso abriu a escola infantil da Galiña Azul de Zas. O Concello aproveitou o verán para facer unha serie de melloras a pesar de ser unha infraestrutura autonómica. O babyboom producido en 2021 na vila baiesa provocou a necesidade de ampliar a Escoliña, e ante a inacción da Xunta, o Concello decidiu asumir a ampliación:

Foron algo máis de 100.000 euros dos seus fondos para reformar e ampliar o edificio para aumentar as prazas, tras habilitar a primeira pranta do edificio. A Escola Infantil de Zas ten grazas a esta ampliación unha capacidade para 41 nenos e nenas (había 28 prazas o curso pasado) con idades comprendidas entre 0 e 3 anos coas que a día de hoxe se cubren todas as solicitudes existentes. O número de prazas ofertadas distribúense da seguinte maneira:

  • De 0 a 1 anos: 8 prazas.
  • De 1 a 2 anos: 13 prazas.
  • De 2 a 3 anos: 20 prazas.

“É un orgullo que nun concello pequeno coma o noso podamos contribuir á conciliación das nosas familias con máis recursos e mellores instalacións”, engadiu o rexedor Lolo Muíño, na visita realizada onte.

Ademais da ampliación, tamén cambiaron o acceso ao edificio, instalaron un ascensor, crearon unha zona agarda para as familias, aumentaron a cociña, abriron un aseo adaptado e un vestiario para o persoal…

Novas relacionadas

Comentarios