Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un completo verán, mesmo con Fogueiriñas de San Xoán, nas Torres do Allo

CARTEL ACTIVIDADES 2022_Torres do Allo
Un completo verán, mesmo con Fogueiriñas de San Xoán, nas Torres do Allo
Como cada verán o Concello de Zas e a Deputación da Coruña amplían o horario de atención ao público en Torres do Allo. Así, do 15 de xuño ata o 15 de setembro, o pazo máis antigo de Galiza abrirá todos os días da semana, isto é, de luns a domingo, en dous horarios:
  • De luns a venres, 11:00-20:00;
  • Sábados e domingos, 11:00 a 21:00.

Mantense o horario das visitas guiadas, que agora fanse tódolos días, ás 13:00 e ás 17:00. Recoméndase facer reserva previa no seguinte enderezo electrónico [email protected] ou chamándo ao seguinte número de teléfono 655716743.

Ademais, as Torres contan cun programa de actividades espectacular para este verán. Ademais da exposición impresionante dos castillos Exin, hai campamentos, xornadas sobre o liño, o concerto de Faia, os contos de Quico Cadaval e Paula Carballeira, ou o mercado tradicional de San Ramón.

San Xoán

Cartaz Obradoiro San Xoán 2022 Torres do Allo

Mesmo por San Xoán, este xoves 23 de xuño, as Torres do Allo realizará un sinxelo obradoiro de San Xoán para toda a cativada. Esta xornada lúdica está orientada ás nenas e nenos de entre 4 e 12 anos e é de balde, no que terán que representar o seu día de San Xoán coa súa familia de maneira artística.
Haberá unha única quenda ás 16:00 e durará aproximádamente unha hora. O aforo é limitado polo que para participar é imprescindible inscrición previa nos puntos de sempre: no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398), no de Baio (981 718 056) ou en [email protected].

Comentarios