Luns. 16.09.2019
El tiempo

Fidel Otero: “A Carballeira si está en moi bo estado de saúde, non tanto a música folk”

Fidel Otero: “A Carballeira si está en moi bo estado de saúde, non tanto a música folk”

Chega a XXXIV da Festa da Carballeira de Zas cun cartelón que probablemente sexa o mellor cartel da historia. “Pero todos os anos dicimos o mesmo, a verdade”, bromeaba o director do festival Fidel Otero durante a súa presentación.

Precisamente a un día de que comece a música queremos falar con el, que leva dende sempre na organización, para ver como vai a cousa:

  Fidel Otero director da Festa da Carballeira de Zas Fidel Otero, director da Festa da Carballeira de Zas
  • QPC: Como van os preparativos?

Andamos con iso, montando escenarios, lonas… toda a infraestrutura, e de momento sen problema. Esperemos que o clima nos acompañe, pon que para o venres se pon algo nublado pola mañá, pero esperemos que mellore para o sábado. Malo será.

 
  • QPC: 34 anos xa…

34 anos, algúns con máis dificultades ca outros. Ás veces pasando moi malos ratos precisamente pola chuvia, pero sempre o superamos. Eu levo dende sempre, primeiro como colaborador, despois como presidente, volvín como colaborador e agora toca de novo en primeira liña. E non só eu, somos moitos os que levamos dende o principio, xa sexa porque non hai moita xente que colla o relevo e os que o collen non queren voar sós.

 
  • QPC: E está a Carballeira de Zas nun bo momento de saúde?

A Caballeira si está en moi bo estado de saúde, con dous últimos anos de éxitos de público, de organización e de musica. Esperamos seguir medrando, pois cada ano para nós sempre é o mellor cartel.

A que non ten tan saúde é a música folk.

 

Precisamente non sei cal é o motivo polo que a música folk non está tan en auxe como nos anos 90. Eu lembro as Carballeiras dos anos 90 chegar a 7.000 persoas e só era a música folk, e hoxendía a xente vai ver a Panorama.
Se cadra é o que se lle ofrece, que é o de sempre, e se lle ofrecemos á xente algo mellor, tamén iría. Fi falta máis xente dende as administracións locais quen programe máis música de raíces, non tanto pachangueo e verbeneo.

 
  • QPC: Como vai a demanda de entradas online? Espéranse superar os 8.000 asistentes do ano pasado?

A venda anticipada vai un chisquiño máis lenta que o ano pasado, pero foi pola influencia de Mago de Oz. Nós contamos que sexan os números semellantes.

 
  • QPC: Os que non faltarán son ese público fiel que nunca falla, non?

Iso seguro. O sábado sempre temos un público fiel que seguro que non faltará á Carballeira. O venres xa será lgo máis aventurado a pesar da boa aposta musical.Este ano coinciden tamén bastantes eventos, como o Nordestazo, o Albariño de Cambados… Peroé invitable e penso cada un ten o seu espazo.

 
  • QPC: Para un galego de Ames, por exemplo, como lle explicamos que é a Carballeira para Zas, a comarca de Soneira e para a Costa da morte?

A Carballeira para Zas é, desde sempre, a festa de todos por excelencia, de nenos, de maiores… Onde se xunta todo tipo de xente convivindo sen o máis minimo incidente durante 34 anos. De feito, hai unha exposición no Centro Sociocultural que o explica moi ben.
E como non, é un motor económico para a vila.

 
  • QPC: Que é o que máis atrae da Carballeira?

O folk, o entorno, a foliada, a músic tradicional, a festa en xeral é a que atrae a toda a xente da comarca.

Cartel-da-Festa-da-Carballeira-de-Zas-2017  
  • QPC: Esta fin de semana chega con dous diazos de gran música, non? Este ano está difícil escoller se só podes ir un só día…

O mellor non ter que escoller e vir pasalo ben os dous días. Pero se me preguntas a min dificilmente escollería, porque tanto o venres con Gwendal e Korpiklaani, como o sábado con Moxie, Radio Cos, Milladoiro… van ser moitos concertos inesquecible. Que saquen o abono e se vean os dous días.  

  • QPC: Que esperas que sexa a gran sorpresa da Carballeira?

Korpiklaani vai sorprender a máis de catro. Un grupo de folk metal moi moi moi potente, e seguro que vai sorprender.

 
  • QPC: Que supón a chegada de Milladoiro á carballeira de Velar?

Significa sacar unha espiña que tiñamos aí. Era inconcebible que despois de 34 anos non estivera nunca na Carballeira. Por iso estamos contentos e supoño que para eles tamén era un pouco raro ir por todo o mundo e non ter parado en Zas, nun dos festivais importantes de Galicia. A verdade é que non foi culpa de un nin doutros, pero foi un cúmulo de circunstancias, e pero por fin se aliñaron os astros para que o sábado estean aquí.

 
  • QPC: A zona de acampada será tomala pola mocidade coma sempre?

Si, haberá acampada libre na entrada de Zas, en fronte a gasolinera, onde haberá baños, as duchas no polideportivo estarán dispoñible. Contamos con que se encha e mesmo que se quede corta.

 
Comentarios