Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fin de semana de música e teatro na Carballeira de Baio

Orballo cultural na Carballeira de Baio 2021
Orballo cultural na Carballeira de Baio 2021
Fin de semana de música e teatro na Carballeira de Baio

Completa fin de semana a que se lle vén enriba á Carballeira de Baio. O fermoso espazo gozará por fin da súa cita do Festival Orballo Cultural, tras ver cancelada a cita en xullo polo mal tempo.

Sen cambios no cartel máis alá das datas, a doble xornada contará con algúns dos grupos que máis éxito están a ter estes meses no panorama musical galego. Comezará hoxe, venres, en sesión de tarde (a partir das 18:00), con Ukestra do Medio e Dj Tristón, e continuará mañán (a partir das 12:00) con Monoulious Dop en acústico e The Rapants.

Con respecto as entradas, son válidas as adquiridas para a cita de xullo, aínda que @s que non poidan asistir, teñen a opción de reembolso. Ademais, tamén quedan unhas poucas na nosa páxina web https://www.orballocultural.gal/.

Teatro

10 22 agosto

Xa o domingo, dentro da programación de verán do Concello de Zas, chega Malasobra Teatro con “Habeas Corpus”, ás 20:3’h na propia Carballeira.

Reserva de prazas: 981 75 13 98 / 981 70 80 56 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).

Comentarios