Listos os trámites de expropiación para a senda de Fornelos
10:59 23/11/21
A senda peonil de Fornelos segue dando pasos para convertirse en realidade. A Deputación vén de completar os trámites de expropiación e aos propietarios dos 22 predios afectados polas expropiacións o 30 de novembro na Casa do Concello para o pago dos depósitos previos. Entregaranse máis de 37.000€.
A senda percorre a DP-4001 polo núcleo de Fornelos, permitirá ademais a canalización para o saneamento de augas residuais e a iluminación pública. As obras, que contan cun prazo de execución de seis meses, tamén inclúen o puntado de marcas viarias e a reposición dos servizos afectados pola obra.