Máis de 70 vídeos participan no certame Enreguéifate
03:12 20/04/18
Co proxecto Youtubeir@s tamén na recta final, esperando a gala deste venres 20 de abril, o certame Enreguéifate tamén afronta a recta final. Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recibidos entre a categoría xeral e a escolar. Esta última foi a máis concorrida, con regueifeiros/as de múltiples centros educativos de todo o país.
A participación aumentou con respecto á pasada edición, polo que o xurado vai ter difícil escoller aquelas pezas que levarán a distinción á regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.
O veredicto darase a coñecer o vindeiro 23 de abril a través da web e do Facebook de Enreguéifate, se ben a entrega de premios terá lugar o 2 de maio no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, coincidindo co encontro Regueifesta de improvisación oral en verso
Encontro
Nestes días está aberto o prazo para inscribirse na Regueifesta, un encontro para escolares arredor da improvisación oral en verso ao que tamén pode sumarse calquera persoa interesada. Para asistir debe cubrirse un formulario que está dispoñíbel na web de Enreguéifate (www.enregueifate.gal/regueifeMáis información
Novas relacionadas
- Febreiro 18: A Costa da Morte, epicentro do relevo xeracional da regueifa, esa inmensa arma de construción masiva”.
- Xaneiro 18: O proxecto Enreguéifate colle forza.
- Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños.
- O alumnado de Baio enreguéifase
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- Xabier Díaz: “A Costa da Morte é unha terra fértil en folclore”
- “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”
- O IES de Baio premiado por recuperar a paisaxe e os cultivos das Terras de Soneira
- O IES de Baio cumpe 20 anos
- De MZ a Baíñas: Regueifando con Fasido do Ribeiro.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo