Xoves. 25.04.2024
El tiempo

María Rei e Antón Cortizas continúan achegando a lectura no marco do Mes do libro do IES de Baio

Ramon Cortizas mes do libro IES Baio 2
María Rei e Antón Cortizas continúan achegando a lectura no marco do Mes do libro do IES de Baio

Continúa despois da visita de Alba Maceiras, celebrando o Mes do libro o IES Maximino Romero de Lema de Baio. Este martes pola tarde foi a quenda de María Rei que visitou o club de lectura de adultos para compartir reflexións, impresións que desatou a lectura da súa novela Flores de Ferro.

A autora descubriu detalles técnicos do seu proceso de escrita e de creación da obra; explicou detalles da trama, das personaxes, da ambientación da historia e, compartiu as motivacións e vivencias das verdadeiras protagonistas, as Flores de ferro, que todas e todos nós podemos atopar na nosa contorna social e familiar próxima. 

Ramon Cortizas mes do libro IES Baio 3
Ramon Cortizas mes do libro IES Baio 3


No día de onte Antón Cortizas, baseándose na súa última publicación, Adiviña unha adiviña, impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º ESO no que fixo das adiviñas un medio lúdico para apreciar o noso patrimonio oral.
Na primeira parte, a partir dun test de adiviñas da tradición oral galega, foi debullando as características deste subxénero e a técnica para a súa elaboración. Nunhas é máis importante a composición narrativa, noutras o cálculo matemático, pero en todas destacaba o aspecto lúdico das mesmas. Na segunda parte seguiu a xogar coa linguaxe e co vocabulario axudándose da papiroflexia: todos e todas construíron o seu bico do galo que contiña novos enigmas, aos que o noso alumnado buscaba unha rápida resolución.

Rematou este divertido e á vez didáctico taller coa lectura dun poema orixinal del no que anima a abrazar a nosa lingua. De feito despediuse coa resolución dunha adiviña que inventara no instante de coñecer o noso alumando: “ el era feliz porque falaban en galego”.

Comentarios