Luns. 07.10.2024
El tiempo

Este Nadal, agasalla a memoria das nosas mulleres máis cercanas

Carmen V Valina e varias mulleres emigrantes no IES de Baio
Carmen V. Valiña e varias mulleres emigrantes de Baio nun proxecto de 2019
Este Nadal, agasalla a memoria das nosas mulleres máis cercanas

O ano pasado por estas datas xa nos ofrecera como agasallo de Nadal uns panos costeiros “Orgullosamente Rurais”. Este ano, Carmen V. Valiña fainos outra propsta diferente, para non caer nos regalos evidentes.

A doutora en historia contemporánea e directora de Periféricas, Escola de feminismos alternativos propón aproveitar estas datas para recuperar a memoria das mulleres máis próximas (familiares, veciñas...), convertindoa nun orixinal agasallo do Nadal.

O proxecto A Memoria das túas mulleres trata de conseguir que coñezamos mellor a historia das nosas mulleres máis cercanas. Para iso ofrece este “proxecto moi, moi persoal no que che convido a que me/me contes a historia da muller da túa familia que desexes para que o seu recordo nunca se perda”.

A través dunha entrevista Carmen recollerá todo o necesario para escribir un relato de 2 a 4 páxinas sobre esa muller que queres agasallar, ou que queres que o resto da túa familia lembre con máis agarimo.

”Ás veces dominamos até os detalles máis nimios de personalidades femininas moi, moi afastadas a nós no tempo ou o espazo e, con todo, nunca nos preguntamos se a nosa avoa era ou non analfabeta, cales eran os soños de infancia da túa nai ou como a túa tía logrou ser a primeira universitaria da familia”, explica a baiesa. Esta muller experta “en mulleres anónimas”, cre “firmemente que todas as nosas nais, avoas, irmás e veciñas teñen unha vida que merece ser contada”.

Carmen prepara o conto, empaquéto xeitoso e mándacho por correo a ti ou a persoa escollida, “á vella usanza, en papel, con mimo, como se fan todas as cousas que verdadeiramente importan”.

Toda a información en A Memoria das túas mulleres.

Novas relacionadas

Comentarios