Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novas melloras na estrada de San Adrián a Zas

Novas melloras na estrada de San Adrián a Zas

A Deputación da Coruña financiará as obras de acondicionamento e mellora da DP 9302 de San Adrián a Zas, cun orzamento de 149.984,76 euros, que incluirá accións de mellora do firme e ampliación da sección transversal nun tramo de 850 metros, así como a construción dun tramo de senda peonil que conectará as beirarrúas existentes no núcleo de San Adrián co núcleo de Zas, e que terá unha lonxitude de 504 metros.

A sección transversal da vía terá un ancho total de 9,70 metros e quedará conformada con dúas beiravías de 0,50 metros, dous carriis de 3 metros cada un. Ademais o proxecto inclúe a construción dunha senda peonil de medio quilómetro entre ambos os núcleos

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios