Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Xunta licitará a Autovía cun retraso de 2 anos, máis cara e ás mesmas empresas

A Xunta licitará a Autovía cun retraso de 2 anos, máis cara e ás mesmas empresas

Chama a atención o novo anuncio da Xunta de que estes días licitará as obras da Autovía Costa da Morte. Unha licitación que chega 2 anos despois de que a Xunta botase abaixo o concurso realizado polo Bipartito por consideralo demasiado caro e por apuntar que unha das empresas que formaban a UTE tiña supostas dificultades para acadar o financiamento.

Pois ben, a Xunta anunciará esta semana a licitación por 205 milllóns de euros máis caro (745 millóns polo 540 da licitación de hai 3 anos) e a unha UTE na que se atopa a mesma empresa con "problemas económicos", Taboada y Ramos.

A conclusión parece evidente, un retraso de 3 anos nas obras, un encarecemento de 205 millóns de euros e poucas explicacións do precedemento da licitación. A todo isto, falamos dun proxecto que a primeira vez que saíu á luz foi no 2003...

A UTE formada polas construtoras galegas Copasa, CRC, COVSA e Taboada y Ramos. E polo menos parece que a Xunta segue prometendo que as obras comezarán no verán.

Resposta do PSOE

Califica a adxudicación o PSOE como "a historia dun despropósito". E lembran a proceso:

O sete de maio de 2008 o Diario Oficial de Galicia adxudicaba a construción e explotación, por un período de 30 anos, da autovía Carballo-Berdoias a unha UTE de empresas constituída por Ferrovial e Taboada e Ramos. O importe daquela adxudicación era de 540 millóns de euros.

En dous mil nove prodúcense dous fenómenos que van a ter consecuencias moi graves para esta infraestrutura. A primeira delas é o estoupido da crise económica que fai que a empresa concesionaria, Taboada e Ramos, atope dificultades para acadar o financiamento, previamente comprometido, coas entidades financeiras. A segunda é o acceso o goberno de Galicia de Alberto Núñez Feijoo.

Taboada e Ramos tenta negociar coa nova Xunta de Galicia un reequilibrio da concesión para compensar o desfase financeiro, por un importe de 585 millóns de euros. Alberto Núñez Feijoo négase en redondo e aproveita a ocasión para cuestionar a capacidade técnica da empresa e todo o proceso de adxudicación do Goberno Touriño. Interesou mais botar lixo sobre a xestión de Touriño que solucionar os problemas de comunicación endémicos da Costa da Morte.

A decisión do goberno Feijoo foi negociar a rescisión da concesión a Taboada e Ramos, previa indemnización de 4.1 millóns polos proxectos construtivos, expropiacións, etc., e convocar un novo concurso que acaba nos tribunais pola denuncia dunha das empresas concorrentes, e denunciado no Parlamento por Pachi Vázquez o detectar un intento adxudicar o proxecto a oferta mais cara de tódalas presentadas: 434 millóns mais cara que a adxudicación feita por Touriño e 215 millóns mais cara que a oferta máis vantaxosa das presentadas. Esta denuncia forza a dimisión da Directora Xeral de Obras Públicas e a anulación do concurso para, unha vez mais, volver a convocar outro cunhas condicións novas.

Agora vimos de coñecer que a Xunta vai adxudicar a construción e explotación da autovía da Costa da Morte a unha UTE da que forma parte Taboada e Ramos, a mesma empresa que, segundo Feijoo, non tiña capacidade técnica nin financeira para executar este proxecto por 745 millóns de euros. A diferencia, con respecto a adxudicación feita por Touriño é apreciable: 205 millóns mais cara por un período máis curto (25 anos agora contra os 30 da concesión de Touriño), un atraso de a lo menos tres anos na execución das obras, e impacto negativo sobre a actividade económica e de emprego no territorio, sen contar a imaxe lamentable que temos dado sobre a capacidade do goberno de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.
  • Nota de prensa do PSOE.

Comentarios