Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo

O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo
Equipo do Concello de Zas O Gaiteiro en Cambre formado por Gabriel, Fran, Brais e Chiqui

Nova fin de semana de tenis de mesa. Pouca historia nos encontros de 2ª nos que o Concello de Zas Aquacenit mostrou a súa superioridade ante os equipos de Oroso, e a pesar de entrar moi fríos a xogar ambos encontros venceron son solvencia.

En 3ª nada puideron facer os de Concello de Zas O Pinar ante os favoritos do grupo. No encontro de volta haberá máis igualdade.

2ª División Galega Grupo Centro

  • Oroso Valoriza - Concello de Zas Aquacenit (0-7); (3-21).
  • Oroso panadería Sigüeiro - Concello de Zas Aquacenit (1-6); (9-21)

3ª División Galega Grupo Noroeste

  • Hipica "B" - Concello de Zas O Pinar (7-0); (21-0)
  • Cambre Promesas - Concello de Zas O Gaiteiro (4-3); (14-11).

Onde si houbo sorpresa foi en Cambre coa derrota inesperada do Concello de Zas O Gaiteiro, se ben notouse a ausencia de Andrés Fran e Chiqui deberían solventar os seus partidos a favor. Agora quédalles gañar cando sexan os partidos de volta por máis marxe e non fallar nos demais encontros.

Vindeira xornada

O sábado 17 de novembro no ximnasio do CPI de Zas:

* 2ª galega grupo centro:
- 16:00h: Anorthosis Vimianzo - Escola Lalín;
- 18.30h: Concello de Zas Aquacenit - Escola Lalín.

* 3ª galega grupo noroeste:
- 16:00h: Concello de Zas O Gaiteiro - Breogán Oleiro "E";
- 18:30h: Concello de Zas O Pinar - Breogán Oleiros "E".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios