Venres. 19.04.2024
El tiempo

O concello de Zas denuncia o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus centros de saúde

O concello de Zas denuncia o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus centros de saúde
Centro-de-SAude-de-Zas As/os usuarios/as do servizo de pediatría de Baio e Zas critican as repetidas cancelacións de citas sen previo aviso Non é a primeira vez que os centros de saúde de Zas e Baio vexan debilitado o seu servizo de pediatría. Pasou no pasado mes de outubro e a historia volveu a repetirse. Así que o goberno municipal de Zas, liderado por Manuel Muíño, acaba de manifestar que se suma á reivindicación das familias dun servizo de pediatría que garanta unha asistencia de calidade para os seus fillos e fillas. Ante as reiteradas queixas cidadás pola cancelación de citas sen previo aviso acontecidas nos últimos día, o alcalde solicitará unha reunión coa directora de Procesos Asistenciais do Sergas co obxectivo de trasladarlle o malestar dos/as usuarios/as e do propio concello e Zas e de "reclamar unha solución á precariedade actual", tal e como indican. Manuel Muíño esixirá que por parte da Xunta, que é a administración competente en materia sanitaria, se adopten as medidas precisas para que os nenos e as nenas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen. "A falta de pediatras é un problema estrutural que afecta a toda Galiza, mais as consecuencias non son as mesmas en todo o territorio, como se está a demostrar", sinalan dende o goberno municipal. En Zas contan cun especialista en pediatría que presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e Baio, pero as familias usuarias do servizo denuncian que en repetidas ocasións, malia ter solicitado cita previa, atópanse con que o persoal sanitario non está no centro que lle corresponde, co cal as citas cancélanse sen previo aviso e pais e nais vense obrigados/as a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar calquera problema propio da atención primaria. O goberno municipal de Zas, que vén de recibir numerosas queixas por esta situación, comparte o malestar das familias e reclamará que por parte do Sergas se adopten as medidas precisas para evitar que se siga producindo.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios