![O Concello de Mazaricos recolleu 15.000 kg de plásticos agrícolas na primeira ruta]()
O concello de Mazaricos recolleu 15.000 kg de plásticos agrícolas o pasado ano
Co fin de que os refugallos plásticos procedentes das actividades agrícolas se xestionen do xeito axeitado o concello de Zas levará a cabo unha ruta de recollida deste material os vindeiros 23 e 30 de maio.
Concretamente, o
luns 23 de maio un camión pasará a recoller os refugallos plásticos agrícolas polas parroquias de Brandoñas, Brandomil, Meanos, Muíño, Roma, Loroño e Vilar. O
luns 30 de maio, recollerase nas parroquias de San Adrián de Castro, Zas, Mira, Carreira, Gándara, Lamas, San Clemente de Pazos, Baio e O Allo.
Os refugallos deberán depositarse antes das 10 horas do día sinalado ao carón do contedor de lixo de cada un dos lugares.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Zas