Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Liño ten canteira

O Liño ten canteira

Unhas 430 persoas acodiron, como cada ano, á tradicional Comida da Fía. Esta cita de XVII Exaltación da fía do Liño, reúne a toda a familia galega relacionada con esta fibra natural. E coma sempre, está organizada pola Asociación de Amigos do Liño, que ten sede en Baio e ten como presidenta á combativa Carmen Riveiro.

Unha comida que serve para finalizar todo o proceso artesanal da manufacturación do liño. Todo comeza coa prantación, a recolleita e esa comida que se facía cando se levaba a cabo a colleita entre os que traballaban. A propia Carmen Riveiro aínda repite ano tras ano todo o proceso nunhas leiras de Zas.

Unha das conclusión é que hai canteira no mundo do liño. I é que na demostración da fía participaron 20 fiandeiras, comprendendo todas as idades, de entre 6 e 80 anos. Ata 4 xeracions da familia da propia Carmen Riveiro e da familia Carreira Rial demostraron que o liño está moi vivo, como así o deixaon patente tamén as cantareiras que puñan a banda sonora á demostración.

Un dos protagonsitas foi, como non, Jorge Mira. O científico polivalente baiés, que este ano non puido repetir como modelo desfile (faltou algunha que outra subvención...) si foi galardoado pola anfitriona Carmen Riveiro cun album de fotos forrado de liño coas mellores fotos de Jorge Mira de modelo do liño.

Ademais a cita contou cunha exposición, orquesta e baile.

Ao xantar de exaltación acodiron istintas personalidades políticas, como o subdelegado do goberno, Pose Mesura (que sabe fiar); a directora xeral de comercio, Nava Castro, que confirmou que para o ano que vén volverá o desfile; Elena Fabeiro, do Centro de Artesanía de Galicia; Rafael Granados, de ATA Galicia; o alcalde Zas e o seu teniente alcalde, emais os de Cee e Malpica; Marisol Soneira, así como os representantes dos empresarios de Ponteceso, Fisterra e Malpica.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios