Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Memorial Pepe Valiña abríu o Nadal da FABA

O Memorial Pepe Valiña abríu o Nadal da FABA
memorial-pepe-valina-na-igrexa-nova-de-baio Ademais do Programa de Nadal Municipal, a FABA (Federación de Asociacións de Baio) tamén preparou unha interesante programación para a capital baiesa, que comezaba o pasado domingo co XIII Memorial Pepe Valiña. A Igrexa Nova de Baio vestíase de gala para acoller esta senlleira cita, da que saíron grandes triufadores os rapaces do Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, con esta fantástica actuación. Tamén fixeron as delicias dos asistentes a Coral Acordes de Bueu (Pontevedra), Orfeón de Poboa de Trives (Ourense) e, como non, a anfitrioa Coral Xan Mella de Baio. [fbvideo link="https://www.facebook.com/antonio.cote.35/videos/591896061002772/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Máis actividades

Non queda aí a cousa. O vindeiro venres 23 de decembro toca moólogo con Sergio Pazos e o seu “Rebento se non o conto”. Ás 21:30h no Auditorio de Baio. Outra cita cos monólogos será o venres 30, co “Humor salvaxe” de Pepo Suevos. Os días 27, 28 e 29 decembro, de 16:00 a 18:00, haberá Obradoiros de xogos de Nadal no Centro Sociocultural. Inscrición obrigatoria no 981 718 056. Non fallará a VIII San Silvestre Baiesa, arrincando o mesmo 31 ás 17:00h polo Paseo Fluvial. Unha carreira organizada por Su A Agra cos Amigos do Liño de Baio. Xa o 3 de xaneiro, ás 18:30h no Auditorio de Baio, Teatro Infantil con Nelsón Quinteiro e as súas “Papiroflexias: o asteroide de papel”. O 4 de xaneiro, xornada especial, coa presentación do CD do Grupo de Gaitas “VintenBaio”, dos IES Maximino Romero de Lema, seguido dunha foliada. Tamén haberá a tradicional cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro, con festa final no pavillón. O 7 de xaneiro, a compañía local Badius Teatro representará ás 22:00h no Auditorio de Baio a súa obra “Frankenstein”. E como peche, que mellor que ir patinar sobre xeo no Nadal da Coruña, con saída ás 10:00h.

Novas relacionadas

Fonte

  • FABA.

Comentarios