3ª FUTGAL: O Sofán B ratifica o ascenso directo á Liga da Costa
- O Volantes non se presentou trala saída de 9 xogadores do equipo.

Non freou o Sofán B, venceu en Xaviña e conseguíu o ascenso á 2ª FUTGAL. Os de Barca ratifican o ascenso cunha xornada de marxe, e se colocan cólideres, empatados co Zas, ascendido a semana pasada, que ten o golaveraxe a favor.
Gran campaña esta para a familia do Sofán, pois o primeiro equipo está a piques de confirmar a súa presenza na promoción de ascenso á 3ª RFEF. Hoxe quedou, de feito, a un gol de conseguilo.
Cerqueda - Sofán B (0-6)
Saíron moi concentrados os carballeses nun choque vital ante un Cerqueda que xa lles gañara na primeira volta. O Cerqueda defendía ben ante un filial que dominaba algo máis, pero sen demasiada profundidade. Salah ameazaba á contra pero foi Adrián Vázquez o que adiantou aos de Barca cunha chilena dende fóra da área.
Na segunda, deron un punto máis fisicamente os carballeses, e en apenas 10 minutos anotaron 3 tantos, outro de Adrián Vázquez, un de Marcial nun parado, e outro de Breogán de tiro por toda a escuadra. Foi Adrián Vázquez o que puxo a puntiña noutra a balón parado para rubricar o ascenso, e achegarse ao seu compañeiro na táboa de máximos goleadores. Adrián queda con 34 polos 37 de Isma Ramos.
Tremenda a temporada do filial carballés, cheo de rapaces que aprenderon do case ascenso do ano pasado.
O resto da 3ª
No resto da xornada, cómpre destacar a incomparecencia do Volantes en Cee no partido co Pereiriña. Xa acontecía o xoves na Copa, pero desta volta a non puideron xuntar máis de 9 xogadores e non se presentaron, provocando seguramente unha sanción, que, en calquera caso, non lle impediría disputar a promoción se resolve os seus problemas de efectivos.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.28: O Zas retorna á Liga da Costa.
- X.27: O Sofán B alonxa ao Malpica da loita polo ascenso directo e por un título que acariña o Zas.
- X.25: O Oza pesca promoción nunha xornada de goleadas.
- X.24: O título e o ascenso directo parece ser cousa de tres.
- X.23: O Malpica alonxa ao Volantes da loita polo ascenso directo.
- X.22: O Oza abre fenda na loita pola 6ª praza.
- X.17: O Zas supera ao Sofán B e escapa.
- X.21: O Cerqueda non cedeu ao asalto do Oza.
- X.20: O Oza tamén frea ao Sofán B e Zas e Volantes colócanse colíderes.
- X.19: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza.
- X.18: O Zas alonxa ao Cerqueda.
- X.16: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica.
- X.15: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo.
- X.14: 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia.
- X.13: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda.
- X.12 : Zas e Volantes apretan a parte alta.
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.