Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP de Zas acode ao Valedor esixindo información sobre uns contratos municipais

O PP de Zas acode ao Valedor esixindo información sobre uns contratos municipais

Ata o Valedor do Pobo chegou o PP de Zas protestando polo que entende como “escurantismo” do Concello ao “negarse a ofrecer información respecto aos contratos dos servizos de axuda no fogar, recollida de lixos e limpeza de edificios municipais” O voceiro David Gómez presentou o pasado xoves un escrito ante o Valedor do Pobo denunciando a falta de información do Concello tras pedir esa documentación o pasado 3 de xuño. “Ante a ausencia total de contestación por parte de todas estas persoas, tivemos que recorrer ao Valedor do Pobo”, indicou Gómez, quen “sospeita que detrás de tanto escurantismo e falta de transparencia non se pode esconder nada bo”. Un Gómez aque sinala que non hai información pública sobre as empresas ao tempo que recoñece que o nome da empresa está recollida na páxina web municipal.

Gomez pide ao alcalde “que dea a cara e ofreza respostas en público”, mentres o propio Lolo Muíño asegura que “están colleitando a información para poder entregárllela, pero o problema é que temos moi pouca xente, hai xente de baixa, e ademais gracias a Montoro non podemos reemprazar as xubilacións, polo que a falta de tempo e de mans impediunos entregarlla todavía, pero estamos neso”. Muíño recoñece que “está no seu dereito de ir ao Valedor, é algo normal, e cando o Valedor nos pida información nos explicarémoslle como está a cousa”. En todo caso, o alcalde entende que “se esta é a única queixa que ten a oposición, é que debemos estar facendo algo ben”.

Fonte

Comentarios