Venres. 19.04.2024
El tiempo

As obras da praza nova de Baio obrigan a pechar temporalmente unha entrada ao Paseo Fluvial

paseo-fluvial-baio
As obras da praza nova de Baio obrigan a pechar temporalmente unha entrada ao Paseo Fluvial

Avanzan a bo ritmo as obras da Praza Nova de Baio. O novo campo da feira de Baio (que ocupa máis de 5.000 m2) terá ademais da praza, unha zona de aparcamentos debidamente sinalizados e unha vía que comunica as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema.

E precisamente, a entrada do paseo fluvial pola rúa Herbais da Ponte quedará pechada dende este mércores ata o sábado para facilitar o desenvolvemento das obras de urbanización da praza, que avanzan a moi bo ritmo. Os traballos non afectarán ao resto do paseo polo que se poderá transitar por el.

A empresa que está a realizar as obras, Lires Cons S.L., ten previsto instalar durante estes días un tanque de tormentas. Este depósito de gran dimensión será o encargado de almacenar as primeiras augas da choiva e depuralas para logo canalizalas para o río. Con eles evítase a contaminación do río, xa que estas augas pluviais arrastran unha gran cantidade de residuos.

Novas relacionadas

Comentarios