OÎMA ofrece este sábado en Brandomil un dos seus últimos concertos

16:19 27/07/22
Unha das citas singulares da programación cultural deste verán do Concello de Zas traénos este sábado unha actividade para toda a familia e que encherá de música un dos lugares máis emblemáticos do municipio.
OÎMA, o grupo musical formado por Antía Ameixeiras, Olalla Liñares e Martiño Senande, ofrece este sábado, día 30 de xullo, na Ponte de Brandomil a partir das 21:30 horas un dos seus últimos concertos xa que o trío vén de anunciar nas redes sociais a súa despedida que será no mes de outubro.
Ao concerto, con entrada de balde, deste sábado traerá a súa música instrumental na que se misturan pezas propias con outras recollidas en Galicia e noutros lugares de todo o mundo.