Os alumnos de Baio unen as asociacións na Foliada Solidaria
06:45 03/01/17
Que boas iniciativas saen sempre do seo do IES Maximino Romero de Lema. Desta volta o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do centrio baiés arma a II Foliada Solidaria, que servirá para amosar varios dos seus traballos emais para xuntar a toda a música tradicional do concello.
O concerto terá lugar o vindeiro mércores 4 de xaneiro no Auditorio de Baio e comezará ás 20:00h. A entrada ao mesmo será a doazón de xoguetes ou comida non perecedeira que serán xestionados polos Servizos Sociais do Concello de Zas.
Ese mesmo día presentarase o disco "Ainda queda Xera" do grupo VintenBaio, coas colaboracións das Oîma, O Fondo do Peto e Taghaitaí.
A maiores tamén estarán esa noite As Tanxugueiras, Os d'Abaixo, e as Regueifas da man de Alba María, Sara Marchena, Séchu Sende e Manolo Maseda.
Ao finalizar, sobre as 22:00h, dará comezo unha Foliada Aberta á que todas as asociacións de música tradicional da volta estarán convidadas para bailar, tocar e cantar por un mundo con máis cultura e menos inxustizas.
A Asociación Cultural Adro colabora na organización e elaborará uns petiscos para a xente que participe na Foliada e o alumnado de 4º da ESO xestionará a baiuca.
Fonte
Redacción de QPC ([email protected])