Os contos invaden os martes de Zas

09:05 15/03/11

A semana pasada comezou unha nova campaña de animación á lectura no Concello de Zas. As sesións terán lugar na Biblioteca Municipal ás 18.15 horas e repetiránse cada 15 días ata o 24 de maio. Os martes son os días elixidos.
A Compañía do Trinke Trinke será a encargada de dinamizar as tardes dos martes 15 e 29 de marzo; 12 e 26 de abril, e 10 e 24 de maio.