Os empresarios da Comarca de Soneira volven recibir apoio da Deputación
Ano tras ano reciben axudas da Deputación. E este ano non vai ser menos, a pesar de termos poucas novas sobre as súas actividades en QPC. A entidade provincial fai unha nova achega este curso á Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira de 35.056 euros (o 78% da obra, cun costo total de 44.862,96) para a ampliación realizada na sede en Baio.
Moitas boas palabras entre o presidente da entidade Diego Calvo e a asociación, pero poucos proxectos sobre a mesa. Se ben, esta reforma permitiu á entidade dispoñer doutro piso para desenvolver as súas actividades. E afirman que o obxectivo é desenvolver nas novas aulas cursos de formación e outras actividades.
Así, o presidente dos empresarios, Manuel Mourelle Amado, limitouse a agradecer a colaboración da Deputación, que manterá o seu apoio nun futuro con esta entidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Deputación.