Os maiores de Zas van de festa
08:15 06/05/18
O pavillón de Zas acolleu onte a 22ª edición da Festa dos Maiores
Día de encontros, de peluquerías e dun bo e abundante xantar a base de empanada, polbo, carne asada e sobremesa. O concello de Zas rendiulle así onte homenaxe a máis dos 800 veciños e veciñas con maior experiencia do municipio.
Varios grupos da asociación cultural Adro de Baio, entre eles os gaiteiros, animaron a 22ª Festa dos Maiores de Zas
O grupo Churía de Zas interpretou varias pezas e baile e música tradicional recollidas na zona
Os encargados de abrir a xornada de festa foron os grupos de baile e música tradicional da asociación cultural Adro de Baio e Churía de Zas. Ao son dos ritmos tradicionais os comensais foron collendo asiento para compartir unha xornada na que non faltaron as charlas nin o baile ata ben entrada a tardiña.
Manuela Doval, de 93 anos, foi a veciña de maior idade presente na festa de onte
Pero dous dos protagonistas da 22ª Festa dos Maiores de Zas foron José Hermida Lourido, de Brandoñas, e Manuela Doval Mourelle, de Loroño, por ser os asistentes de maior idade presentes na festa. Así que o alcalde, Manuel Muíño, fíxolle entrega dun agasallo a estes dous veciños de 95 e 93 anos respectivamente.
José Hermida, de 95 anos, recibiu un agasallo por ser o veciño de maior idade presente no xantar
Novas relacionadas
- 900 comensais para celebrar os 20 anos do Xantar de maiores de Mazaricos
- Felisa, a nova centenaria de Lires.
- Enriqueta cumpre 4 anos
Novas relacionadas coa caída poboación
- Domingo Guerra: Perdemos poboación.
- Historia do drama do rural en imaxes (III).
- Historia do drama do rural en Imaxes (II).
- Historia do drama do rural en imaxes (I).
- Marzo 17: A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos.
- Febreiro 2017: A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos.
- O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
- 2014: Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2014: A lingua galega sobrevive na Costa da Morte.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- 2011: A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- 2011: Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)