Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Os veciños de Mira defenden a propiedade dos terreos de San Roque do Monte fronte á Igrexa

Os veciños de Mira defenden a propiedade dos terreos de San Roque do Monte fronte á Igrexa
Zona de San Roque de Mira

A parroquia zaense de Mira, estes días está en pé de guerra porque o Arzobispado rexistrou os terreos propiedade dos cofrades ó seu nome, cando eses terreos foron de todos os cofrades de San Roque desde que se fundou a confraría, “pero non da Igrexa”, como denuncian algúns veciños.

A mobilización chegou ao Concello, e o pasado sábado o alcalde Lolo Muíño acodía á escola de Mira pra tratar o tema. Ducias de veciños ateigaron a escola demostrando a súa preocupación por un lugar onde se celebran as festas parroquiais. Estaban tamén os cofrades, pero o problema é que por agora non se coñecen papeis de propiedade, dun terreo ao carón da capela de San Roque do Monte, creada en 1565, como a propia Cofradía.

A veciñanza ten a cousa clara, e os máis maiores do lugar defenden que eses terreos sempre foron dos veciños “e non do clero”, “mesmo existiu unha feira neses terrenos”.

Na reunión, o Alcalde comprometiuse a mirar nos arquivos para ver se o Concello ten algún papel que acredite a propiedade veciñal dos terreos, para así arranxar esta situación.

Fonte

Comentarios