Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O pobo de Zas xa ten a compostelana

O pobo de Zas xa ten a compostelana
O pasado sábado 16 de outubro tivo lugar a última etapa do Camiño de Santiago para a expedición de veciños de Zas. E por fin chegaron á meta da Catedral de Santiago de Compostela. Son moitas as historias que quedan entre a preto de 80 persoas do Concello zaense que realizaron o percorrido en 4 sesións. Todos eles xa presentaron as súas credenciais na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, para dar fe da súa peregrinación, e así conquerir a Compostelana. Por suposto a expedición visitou ao apóstolo Santiago e asistiron á misa do peregrino ás 18:00h da tarde, e unha vez rematada esta, emprenderon o regreso, dando así por finalizada a súa peregrinación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos da man de Fidel Otero, do Concello de Zas.

Comentarios