#PanxoliñaZas, de novo o concurso normalizador e audiovisual do nadal zaseiro


Por terceiro ano consecutivo, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas pon en marcha o concurso de Nadal “PanxoliñaZas” coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega en situacións festivas ou lúdicas. Ademais, con esta actividade poténciase o desenvolvemento da creatividade, o uso das Tic, o traballo en equipo e o bo aproveitamento do tempo libre e de lecer.
Todo o mundo pode participar. Os participantes deberán gravar un vídeo cantando en galego unha panxoliña ou un canto de Aninovo ou de Reis que poden ser tradicionais ou de creación propia. O prazo de presentación dos traballos remata o 21 de decembro de 2017 e poden enviarse por dúas vías.
Todos os traballos recibidos penduraranse do 22 ao 29 de decembro na páxina de Facebook municipal para que as e os internautas poidan votar polo seu vídeo favorito. Haberá un premio ao vídeo máis popular en Facebook e outro premios do xurado (premio á mellor presentación e posta en escena, premio ao vídeo que conte con máis fidelidade á tradición galega e premio para o mellor vídeo infantil). Todos eles recibirán un diploma de recoñecemento e un vale de 100€ parra gastar en locais comerciais do municipio.
Nadal 17
- As primeiras estampas de Nadal.
- Os eucaliptos si valen para os adornos de Nadal en Mazaricos.
- Volven os dinamizadores concursos de Nadal a Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).