Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Pavillón de Zas, epicentro do tenis de mesa galego por Semana Santa

mesas de pinpon preparadas no Pavillon de Zas
O Pavillón de Zas está listo con 18 mesas preparadas
O Pavillón de Zas, epicentro do tenis de mesa galego por Semana Santa

Durante esta Semana Santa o tenis de mesa galego terá os seus ollos postos no pavillón de Zas. De xoves a domingo, ambos incluídos, disputaranse varias probas do circuito galego, organizados pola Federación Galega de tenis de mesa en colaboración do Concello de Zas e o club AD Zas de tenis de mesa. Estas son as probas

  • XXII Campionatos galegos Adaptado o xoves 28 de marzo
  • I Campionato galego inclusivo o venres 29 de marzo
  • XXXI campionato galego veterano, o sábado 30 de marzo por categorias de idade e o domingo 31 por equipos

Dende o AD Zas agradecen que a FGTM confiase no club para que estes campionatos se celebren na localidade, e tamén a colaboración do Concello de Zas xa que sen a súa axuda seria imposible que este evento se celebrase aquí.

Máis novas

Comentarios