Un podcast feito por alumnas do IES de Baio, premiado pola Consellería
Leticia Vázquez Castiñeira, Sabela Lema Caamaño e Paula Lema Paz por un lado, e Henri Chie Sa Amorim, son as alumnxs do IES Maximino Romero de Lema que veñen de ser recoñecidas no concurso "O meu libro favorito 2024 Galicia", convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación José Manuel Lar.
Onte, co gallo do Día das Bibliotecas, o centro fixo entrega dos premios deste certame que teñen como obxectivo fomentar a lectura entre a mocidade a través da escritura. O certame tiña dúas categorías: unha en lingua galega e outra en lingua castelán. E o alumnado baiés arrasou levando os dous premios.
En lingua castelá Henri Chie Sa Amorim de 2º ESO acadou o premio co podcast “Padre rico, padre pobre”, e na modalidade en galego, lográrono as alumnas Paula Lema Paz, Ledicia Vázquez Castiñeira e Sabela Lema Caamaño de 3o ESO polo seu traballo conxunto sobre “A historia de Sara”. Ambos os traballos foron guiados por Adriana Varela Vázquez, profesora que formou parte do Equipo da Biblioteca no pasado curso.
Podedes escoitalos aquí.